Tuesday 23 de April de 2024

Convócanse as subvencións para a promoción e o fomento do deporte por valor de 120.000 €


O prazo para solicitar estas axudas comeza mañá e remata o 31 de outubro, ambos os dous días incluídos.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe o extracto do acordo da Xunta de Goberno Local pola que se convocan subvencións en réxime de concorrencia competitiva para a promoción e o fomento do deporte.

A contía total para repartir destas subvencións será de 120.000 € e o prazo para solicitalas é de 15 días naturais a partir do día seguinte á publicación no BOP, é dicir, desde mañá día 17 de outubro ata o 31 deste mes, os dous incluídos. As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica do concello https://sede.coruna.gob.es ou no Rexistro Xeral do Concello con destino ao Servizo Municipal de Deportes.

Desde o Servizo Municipal de Deportes recoméndaselles ás entidades que vaian participar nesta convocatoria que soliciten cita nas oficinas situadas no Palacio dos Deportes (tfno. 981 184 200 extensións 25025 – 25030) antes de presentar a documentación para comprobar que esta sexa correcta.

Para máis información, consultar a web: www.coruna.gal/deportes